Lucía Aldao é unha poeta coruñesa nacida en 1982. Leva máis de 20 anos dedicándose de xeito profesional ao mundo da poesía escénica, da música e do humor. En 2005 xúntase coa tamén poeta María Lado, e a día de hoxe continúan ofrecendo os seusespectáculos nos escenarios máis variados do país e fóra das fronteiras deste. Xuntas son aldaolado, o irreverente dúo poético que mestura a poesía co humor e a música nun exercicio de comunicación directa co espectador. Estes son os títulos dalgúns dos seus espectáculos:
Ninguén morreu de ler poesía (Xerais, 2020) é o libro asinado por aldaolado onde se recolle parte do material co que traballan nos seus directos. CASA! é o título do primeiro traballo discográfico de aldaolado, gravado en 2020 baixo a produción de Mig Seoane.
Lucía é unha das figuras máis destacables do grupo poético Poetas da Hostia, desde onde seorganizaron recitais colectivos de gran éxito como A hostia en verso.Crea con Diego Delgado o proxecto musical alDDao, que formou parte activa da escena musical barcelonesa e galega de finais dos dous mil. Mantivo unha colaboración literaria na Radio Galega entre 2009 e 2014 dentro do programa Trespeixes voando.É a coordinadora do certame de narrativa temático do concello de Curtis desde o ano 2009.Podemos atopar poemas da súa autoría en numerosas revistas e publicacións colectivas. O seu primeiro libro individual, Todo isto antes era noite, publicouse baixo o selo da editorial Apiario en decembro de 2018.Desde 2019 forma parte do elenco da obra de teatro Liberto (Rebordelos producións), onde taménse encarga da parte musical e pola que é premiada en dita categoría nos Premios María Casares2020.