LUCIA ALDAO PAVA

PAVA é o título do primeiro proxecto musical en solitario de Lucía Aldao.
Atoparás os cinco temas incluídos en PAVA aloxados en todas as plataformas, pero só a través de “enlace bandcamp” podes acceder á súa descarga e a unha das 100 esculturas que a artista Laura Pazos elaborou en exclusiva para o proxecto.

Comprar en Bandcamp
Lucia Aldao - Pava
A ningún pavo
Lucia Aldao

Biografía

Lucía Aldao é unha poeta coruñesa nacida en 1982. Leva máis de 20 anos dedicándose de xeito profesional ao mundo da poesía escénica, da música e do humor.
En 2005 xúntase coa tamén poeta María Lado, e a día de hoxe continúan ofrecendo os seus
espectáculos nos escenarios máis variados do país e fóra das fronteiras deste. Xuntas son aldaolado, o irreverente dúo poético que mestura a poesía co humor e a música nun exercicio de comunicación directa co espectador.

Leer bio completa

"A do Faro" en directo

A composición desta canción foi inspirada pola apertura do faro de Oza á cidadanía coruñesa en 2018. Este verán regresamos á zona das Xubias para gravar a versión en directo que podedes escoitar neste vídeo. 

"A do aire musculado" en directo

A do aire musculado foi a primeira canción que compuxen na miña vida. Que compuxen para min, quero dicir, non de encarga e sen saber moi ben de onde saía nin onde ía acabar. Por iso abre o disco. Estiven facendo memoria e recordei que só a cantei en público nunha ocasión, na Capitol en 2016, nunha gala dirixida por Mercedes Peón dentro do proxecto “Compostela, territorio das mulleres”. Recordei tamén que os días previos a compoñela escoitaba en bucle e conmovida “En las copas de los árboles”, de Fran Gayo.

A sesión en directo que ides escoitar gravouna Diego Delgado en Berlín en 2017 e está espidiña de todo, só lixeiramente acompañada pola guitarra, coa voz como protagonista, antes de vestila coa roupa bonita que leva finalmente no disco.

Laura Pazos
Esculturas de Laura Pazos para Lucía Aldao
Lucia Aldao - Pava

O disco que non é un disco

PAVA é un proxecto musical expansivo que prescinde do soporte físico habitual e a cambio ofrece un obxecto escultórico elaborado pola artista Laura Pazos. Trátase dunha edición limitada (só 100!) que conecta a peza artística co traballo musical. A pava -que é tamén o termo coloquial para referirnos a unha moza- representa esa porcentaxe de cigarro encetado que se comparte, e está elaborada en resina de poliuretano policromada e vernizada. Ten unhas medidas de 11 x 2,5 cm e érguese sobre unha base de madeira de 8 cm de diámetro. Coa súa adquisición a través de bandcamp recibirás un código de descarga para poder levar contigo as 5 cancións de PAVA.